26 de abril de 2012

cando en silencio, alleo a min, te perdías no gris

(foto: carlos silva)

***


cando en silencio, alleo a min, te perdías no gris.

agardo ser descuberta entre as chamas dunha cidade debastada.
Impregno a dor ao son dun silencio inconcluso cando o asfalto
se mistura na miña pel de pó.
ao fondo, erguido sobre a fluida incandescencia dun agarimo,
véxote: gaiola de formigón na que se perden os ollos cansos de teitos de
tella e cánticos relixiosos.
non sei a forma que tein os soños,
non comprendo os segundos que transcurren,
só me lembro de cando en silencio, alleo a min, te perdías no gris.

e agora anhelo, desexo, con desesperante paixón,
os días nos que ollarnos polas fiestras,
nunha mistura de traslúcidas palabras,
formaban o noso universo nesta cidade dormida,
na que non se escoitan máis berros
cos desta gorxa que te reclama.
***
eva méndez doroxo


Sem comentários:

Enviar um comentário