Mostrar mensagens com a etiqueta eva mendez doroxo. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta eva mendez doroxo. Mostrar todas as mensagens

2 de dezembro de 2012

sombras de pedra

(foto: carlos silva)

***
sombras de pedra

íspesme co xélido alento que tanto desexo.
aínda quente dos beizos doutras latitudes,
a miña pel agárdate.
esfórzome en zoar para que me atopes,
aniñanda na brandura do hoxe,
asentada na opacidade da sombra,
anhelante, pétrea e experta.

l’escorça en la que el teu xiuxiueig s’inflama,
espera obligar-te a retenir-me,
erosionada en els teus ulls, no prou profunda encara.
que les teves mans expertes,
em resegueixin una vegada i una altre,
fins caure extenuats sobre l’humitat dels pensaments.

mordo o ar entre os milleiros de dedos que configuran
este corpo inherte, perdido no esquecemento
dun suspiro fondo e impertinente
antes da cópula dos teus sentidos contra todo eu.

eva méndez doroxo


*

[ estrofe em catalão vertida para galego por: eva méndez doroxo]

 


" a corteza na que o teu murmuio se inflama,
agarda obrigar-te a reterme,
erosionada nos teus ollos, non de abondo profunda aínda.
que as túas mans expertas,
me percorran unha vez e máis unha,
ata caer extenuados sobre a humidade dos pensamentos."


26 de abril de 2012

cando en silencio, alleo a min, te perdías no gris

(foto: carlos silva)

***


cando en silencio, alleo a min, te perdías no gris.

agardo ser descuberta entre as chamas dunha cidade debastada.
Impregno a dor ao son dun silencio inconcluso cando o asfalto
se mistura na miña pel de pó.
ao fondo, erguido sobre a fluida incandescencia dun agarimo,
véxote: gaiola de formigón na que se perden os ollos cansos de teitos de
tella e cánticos relixiosos.
non sei a forma que tein os soños,
non comprendo os segundos que transcurren,
só me lembro de cando en silencio, alleo a min, te perdías no gris.

e agora anhelo, desexo, con desesperante paixón,
os días nos que ollarnos polas fiestras,
nunha mistura de traslúcidas palabras,
formaban o noso universo nesta cidade dormida,
na que non se escoitan máis berros
cos desta gorxa que te reclama.
***
eva méndez doroxo