10 de janeiro de 2013

| sobrehumano |

foto: carlos silva

***

| sobrehumano |

[scripturient: violento desexo de escribir]


algo a sobrevoarnos
garra de ar
envolta en ar

o pétreo arela o etéreo
o papel, saír voando
pénsalo co hemisferio sur
do teu hemisferio dereito
os hemisferios
esquecidos

lembras a vella conversa sobre os poderes?
eu si. durmín no parque
onde falamos diso
tantas veces

o da invisibilidade
e a súa levitación
pero tamén o de sermos
remontados
agarrarte –garra- ao que te sobre
voa

aeroxeradores de Paxareiras
xirades en nós coma intestinos
coma o instinto no émbolo de tres oídos internos

rapaz, viras en nós
voraz
voraz

medramos a cada golpe de talón
da techné
techné arachné acóllenos en ás
de araña
fío a fío
o somos xa con creces
falcóns a visitarnos acendidos
o seu carbono excítanos coma aos monos que tal somos

tomamos calquera tinta nas mans nosas:: e escribimos::
é tan loucura facelo::
como deixar de facelo

desescribimos::
sobre o xeo que creba::
e que non creba

xeo seco
ar
e

peregrinos en picado
sobre os miolos que escriben
mulleres e homes fractais
coma nenos
entre os fentos
miolos a escribiren
a xermolar baixo unha chousa de ósos
e a felicidade

e a felicidade

que nos devora
Estíbaliz…Espinosa
 


Sem comentários:

Enviar um comentário