15 de março de 2012

galicia triste pecha

(foto: carlos silva)

***

Lingua da terra escrava,
o silencio, xa chega,
as árbores esquecen,
Galiza triste pecha.

Só vexo grises tebras
nas mans, nos pés, nos peitos
agochados nas pedras.

O silencio, xa chega,
e leva ás súas costas
un traidor que renega.

Só vexo negras sombras
nos corpos nus, nas ialmas,
nas durmidas consciencias.

As árbores esquecen,
un feble verso agroma,
un berro na soleira.

Só vexo falsa ollada
nas mans, nos pés, nos peitos
agochados nas pedras.

Galiza triste pecha.

Unha cóbrega aniña
na imaxe onde durmida
rompe come vertebras.

Só vexo merdento ego
nos corpos, nas ialmas,
nas durmidas consciencias.

Galiza triste pecha.
Galiza triste pecha.

 *
Miguel Ángel Alonso Diz

Sem comentários:

Enviar um comentário