(foto: carlos silva)
***
Non hai de
que asustarse, este corazón, este corazón nunca aceptará unha marca perdurable,
percorrerá a terra, camiñará alegre, pero o arame da luz non chegará a facer
presa na súa nervadura encarnada. Non hai de que asustarse, son as propias mans
fechadas sobre o peito as que asombran a víscera, as que fan que non haxa lugar
alí máis que para un brillo tépedo e fraterno.
Rexeitar calquera combate, deixarse ir, deixarse ser sen violencia, sen pretender devorar a alma que se achega e que te toca. Deixar que se queimen renegridos pans na porta do forno e preservar o orgullo, o lustre da coiraza.

*
xina vega
Sem comentários:
Enviar um comentário