(foto: carlos silva)
***
A RODA
INMORREDOIRA
A imaxe xeométrica, forma unha
circunferencia
da cor do
viño con arrecendo a traza
É un pasado-presente cun sentido que xorde
nun
illamento silandeiro na voz do ar
Na madeira errante,
escribiuse a historia
da noite e
do amencer, con letras perennes
nas árbores
xenealóxicas
Pousada na
pedra aínda resoa o son
do carro
entre os
camiños, aquelas sendas da nenez
xa perdidas
no antonte
E roda na
memoria un filme antigo
cor sepia, e
chove un mar con doce invernos
nun zigzag
temporal
A foto escacha
en 100.000 partículas
redondas,
figuras dun fotograma
que se nega
a desaparecer...
rosanegra
Sem comentários:
Enviar um comentário